mércores, 22 de abril de 2015

Nova exposición no Espazo Emao

O próximo venres ás 19 horas inaugurase unha nova exposición no Espazo Emao. Desta volta os alumnos de Paula Mariño amosan o seu traballo. Non deixedes de asistir.

luns, 23 de xuño de 2014

Os alumnos de primeiro curso, como traballo de investigación sobre a zanfona, presentaron este xogo o mais puro estilo Tribial onde os queixiños están sustituidos por anacos de zanfonas, organistrum ou sinfonía que se van conseguindo a medida que acertas as preguntas das casillas principais. Se caes na casilla do cravixeiro terás que respostar unha pregunta sobre instrumentos musicais tradicionais. Se a casilla é a do teclado a pregunta versará sobre música. Se é a da caixa armónica respostarás unha pregunta sobre a morfoloxia da zanfona. Se a casilla é a da roda serás preguntado pola historia do instrumento e si é a manivela o dibuxo da casilla na que caiches respostarás algunha cuestión sobre a construcción da zanfona. Un traballo moi didactico e moi ben feito por Silvana, Francisco, Diogo e Damián. Noraboa os catro

venres, 2 de maio de 2014

Un bo traballo.

Isto e un claro exemplo de que con ganas e empeño pódese chegar moi lonxe. Un traballo de Silvana Almeida, alumna de primeiro ano que nunca antes fixera algo coa madeira.

venres, 4 de abril de 2014

xoves, 20 de marzo de 2014

Visita dos alumnos de gaita do conservatorio mucipal de música de Vigo. Un pracer recibir visitas.

martes, 11 de marzo de 2014

Definicións erradas.

Resulta curioso que a estas alturas do século XXI ainda podamos leer nalgúns diccionarios definicións erradas sobre o término "zanfona".Deste xeito atopamos no "Real dicciónario de la lengua española" a seguinte descripción: "Instrumento musical de cuerda y con teclado que funciona haciendo girar con una manivela un cilindro armado de puas". ¿¿¿¿Cilindro armado de puas????
Eu diria que esa descripción obedece mais a un organillo , non si?. Pero o mais simpático do asunto é que algún outro diccionario da lingua galega presenta exactamente a mesma descripción, traducida o galego claro está, nun claro exercicio de "corta e pega" propio daquelas mentes iluminadas que aplican a "toca teja" a ley do minimo esforzo. Vexase o caso do diccionario da lingua galega de "edicións do cumio". E como este, algún outro o que hay que darlle un toque de atención para mellora do vocablo. Anímovos a que o fagades cando atopedes semellante aberración.