luns, 23 de xuño de 2014

Os alumnos de primeiro curso, como traballo de investigación sobre a zanfona, presentaron este xogo o mais puro estilo Tribial onde os queixiños están sustituidos por anacos de zanfonas, organistrum ou sinfonía que se van conseguindo a medida que acertas as preguntas das casillas principais. Se caes na casilla do cravixeiro terás que respostar unha pregunta sobre instrumentos musicais tradicionais. Se a casilla é a do teclado a pregunta versará sobre música. Se é a da caixa armónica respostarás unha pregunta sobre a morfoloxia da zanfona. Se a casilla é a da roda serás preguntado pola historia do instrumento e si é a manivela o dibuxo da casilla na que caiches respostarás algunha cuestión sobre a construcción da zanfona. Un traballo moi didactico e moi ben feito por Silvana, Francisco, Diogo e Damián. Noraboa os catro